Pero canta xente estuda Xeografía na USC?

O vindeiro mércores 17 de xullo comeza o 1º Prazo de Matrícula para as titulación do Sistema Universitario Galego. Dende o curso 15-16, o Grao en Xeografía e OT oferta un total de 55 prazas de novo acceso, aínda que na maioría dos anos non chega a cubrilas na súa totalidade. Segundo os datos facilitados … Seguir lendo Pero canta xente estuda Xeografía na USC?

Alejandro Gómez Pazo premiado no III Simposio en Investigación de Tecnoloxías Ambientais do CRETUS

O investigador predoctoral do Departemanto de Xeografía da USC acada 1º Premio á Mellor Presentación Oral polo seu traballo "Emprego de Modelos Dixitais de Superficie realizados con drons para estudar a costa rochosa galega". Alejandro "Lex" forma parte do equipo de Investigadores en Formación do Departamento de Xeografía da USC. Conta cun contrato FPU do … Seguir lendo Alejandro Gómez Pazo premiado no III Simposio en Investigación de Tecnoloxías Ambientais do CRETUS

Novos contratados Predoctorais no Departamento de Xeografía

O compañeiro Roberto Vila Lage acadou un contrato FPU (Formación do Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación. Xunto con Daniel Cajade Pascual (Contrato Xunta), serán os dous novos "Predocs" do Departamento de cara ao vindeiro curso. Con todo, agardamos que non sexan os únicos, xa que hai outros compañeiros nas listas de agarda da Xunta, … Seguir lendo Novos contratados Predoctorais no Departamento de Xeografía

Charla “As saídas laborais da Xeografía”

O vindeiro mércores 3 de abril (20:00, aula 3), Jose Taboada (Presidente do Colexio de Xeógrafos de Galicia) analizará as diferentes oportunidades laborais que se lle pesentan aos xeógrafos. O descoñecemento das variadas saídas laborais e académicas que temos o xeógrafos é un problema histórico entre os estudantes de Xeografía. En EGEA Santiago decatámonos de … Seguir lendo Charla “As saídas laborais da Xeografía”

O portal GCiencia faise eco da iniciativa Youth Mappers at USC

O portal de divulgación da ciencia galega recolle actividade desenvolvida por Youth Mappers at USC. A nova pon de manifesto o carácter solidario da actividade que desenvolven os seus membros, e anima a participar a todos aqueles interesados. https://www.gciencia.com/ciencia/mapas-galicia-ebola/?fbclid=IwAR2q9X6StSf0OBc5vcrnw28l6JGySuGhQ1E8b4nVJoJqxWOxzMhpgnQLjyU https://twitter.com/GC_GCiencia/status/1096364766027751424

Sesión YouthMappers at USC de Febreiro (martes 5 ás 20h)

Animámoste a participar na xuntaza do mes de Febreiro, onde continuaremos co cartografado en Uganda. Recorda que non precisas ter coñecementos previos, xa que os compañeiros che axudarán en todo o que precises. https://twitter.com/youthmappersUSC/status/1092488841779470337 Tamén che propoñemos un artigo sobre a realidade xeopolítica ugandesa, por se non tes nada que facer esta noite. XD https://twitter.com/youthmappersUSC/status/1091405854723719171Seguir lendo Sesión YouthMappers at USC de Febreiro (martes 5 ás 20h)

Faite membro de Egea Santiago !!

Comeza o 2019 e Egea Santiago busca novos membros. Se es estudante de Xeografía ou xa es xeógrafo, podes inscribirte a través do Formulario de Inscrición do noso Blog. Pero en Egea Santiago sempre premiamos o esforzo, así que, entre todos os que vos inscribades antes do 17 de Febreiro, sortearemos un exemplar do Libro … Seguir lendo Faite membro de Egea Santiago !!

I CEA INTERCURSOS EGEA SANTIAGO

Para continuar cunha tradición comezada xa hai varios cursos, EGEA organiza a Cea Intercursos de Xeografía do primeiro cuatrimentre. Ata agora, eran os estudantes de 3º/4º curso quenes organizaban estas ceas como método de financiación do Paso de Ecuador. Pero este curso semella que, ata o de agora, ninguén ía organizar este tipo de evento, … Seguir lendo I CEA INTERCURSOS EGEA SANTIAGO