Pero canta xente estuda Xeografía na USC?

O vindeiro mércores 17 de xullo comeza o 1º Prazo de Matrícula para as titulación do Sistema Universitario Galego. Dende o curso 15-16, o Grao en Xeografía e OT oferta un total de 55 prazas de novo acceso, aínda que na maioría dos anos non chega a cubrilas na súa totalidade. Segundo os datos facilitados polo Informe de Seguimento 2017-2018 (o do curso 18-19 aínda non está dispoñible), o número de alumnos que estudan Xeografía na USC tende a aumentar dende o curso 2010-2011:

Fonte: Informe de Seguimento 2017-2018. (Datos para o curso 18-19 non dispoñibles)

Porén, o número de alumnos de novo ingreso mantense estancando nos últimos anos entorno aos 40 alumnos, ainda así cifra moi superior aos número de novos matriculados nos derradeiros cursos da Licenciatura (19 alumnos de media entre 2004 e 2008) . Debemos ter en conta que os datos dos cursos 10-11 e 11-12 presentan certa incoherencia debido a que se atopan na etapa de transición entre a Licenciatura e o Grao, que foi implantado definitivamente no 2012-2013.

Fonte: Informe de Seguimento 2017-2018. (Datos para o curso 18-19 non dispoñibles)

Agardemos que coa entrada en vigor do novo Plan de Estudos para o Grao en Xeografia e OT, que comeza a súa implantación este curso (e do que informaremos en canto se faga pública a nova Memoria), fomente un aumento de matrícula que garantan o futuro desta titulación, única no Sistema Universitario Galego.

Deixar un comentario