Egea Europe

EGEA (European Geography Association – for Students and Young Geographers) é unha asociación de Xeografía Europea que forma unha rede que reune estudantes de xeografía e mozos xeógrafos de toda Europa. Para acadar este obxectivo, EGEA organiza congresos, seminarios científicos, pequenos intercambios e outros eventos e publica un boletín e unha revista.

En 1987, estudantes das universidades de Varsovia, Barcelona e Utrecht reuniuse coa idea de formar unha asociación para o intercambio de coñecemento xeográfico entre varios países de Europa. Un ano máis tarde, en 1988, EGEA rexistrouse oficialmente como fundación con cátedra en Utrecht. En 1996 lanzouse o primeiro sitio web de EGEA. A páxina de inicio converteríase no punto central de encontro de todos os membros de EGEA en toda Europa. Na Asemblea Xeral de 2009 en Heeg decidiuse un cambio no estatuto xurídico da EGEA. Desde entón EGEA está a traballar como asociación. EGEA creceu das súas tres entidades iniciais a un número superior as 90 entidades en 36 países diferentes. España conta con 6 entidades (Barcelona, Madrid, Alicante, Baleares, Tenerife e Valladolid).