O vindeiro mércores 3 de abril (20:00, aula 3), Jose Taboada (Presidente do Colexio de Xeógrafos de Galicia) analizará as diferentes oportunidades laborais que se lle pesentan aos xeógrafos.
O descoñecemento das variadas saídas laborais e académicas que temos o xeógrafos é un problema histórico entre os estudantes de Xeografía. En EGEA Santiago decatámonos de que unha das maiores preocupacións do estudantado era o que facer unha vez rematado o Grao. Co fin de que os estudantes coñezan as saídas laborais que ofrece a Xeografía, decidimos organizar esta pequena actividade (por suposto, de balde).
E para falar sobre as saídas profesionais, ninguén mellor que Jose Taboada, un xéografo da casa que, xunto ao tamén xeógrafo Víctor Bouza, foron quen de crear a Consultora Tysgal. Ademais, na actualidade preside a Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos, polo que tamén será unha boa ocasión para coñecer as funcións deste ente e a súa importancia para o noso colectivo.
Tamén debemos mencionar o proxecto TYS Magazine, dependente do grupo Tysgal. TYS Magazine portal online especializado en novas de carácter xeográfico e onde se pode atopar gran variedade de documentación relacionada coa Ordenación do Territorio e o Urbanismo. Dende logo, un dos portais de divulgación máis recomendables para os os estudantes e os xeógrafos en xeral. Tamén podedes seguila nas Redes Sociais.