O compañeiro Roberto Vila Lage acadou un contrato FPU (Formación do Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación. Xunto con Daniel Cajade Pascual (Contrato Xunta), serán os dous novos “Predocs” do Departamento de cara ao vindeiro curso.
Con todo, agardamos que non sexan os únicos, xa que hai outros compañeiros nas listas de agarda da Xunta, á espera da resolución definitiva.
Os Contratos Predoctorais son axudas destinadas á formación de investigadores en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a e á adquisición de competencias docentes universitarias, que faciliten a súa futura incorporación ao sistema español de educación superior e de investigación científica. Os contratos do Ministerio teñen unha duración de 4 anos, namentres os da Xunta só 3. Ambos levan incluido a posibilidade de impartir ata 60 horas anuais de clases prácticas.
Máis Información 👇👇:
– https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27774
– http://www.educacionyfp.gob.es/…/998…/ficha/998758-2018.html