EGEA Santiago participa no proxecto educativo da Senda Litoral de Galicia

Un equipo de xeógrafos participa no proxecto educativo EducaSenda-TIX, dirixio á posta en valor do patrimonio natural e cultural arredor da Senda Litoral de Galicia, ao mesmo tempo que fomenta o manexo dos Sistemas e Información Xeográfica entre o estudantado de secundaria.

A SENDA LITORAL DE GALICIA é un itinerario de 1300 km e 53 etapas, desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova da Cerveira (Portugal), que percorre tada a costa galega. Este iniciativa, aínda en fase incipiente, da Xunta de Galicia nace como unha ampliación da Senda dos Faros da Costa da Morte, co obxectivo de dinamizar as vilas e pobos costeiros. Co propósito de poñer en valor a iniciativa, a Fundación Galicia Sustentable, xunto co Instituto de Estudos do Territorio (IET), a Dirección Xeral de Política Lingüistica e ESRI España, iniciaron un proxecto piloto enfocado a que o estudantado de secundaria poida poñer en valor o patrimonio natural e cultural do territorio por onde discurre a Senda Litoral. Nesta fase piloto participarán 4 centros educativos de Galicia.

O equipo de Xeografía da USC que participa neste proxecto está formado por Anaís Álvarez González, Alejandro “Lex” Gómez Pazo eDaniel Cajade Pascual. A súa función é a de ofrecer formación e asesoramento no manexo da plataforma ArcGis Online aos docentes e estudantes dos centros de secundaria participantes. Este feito supón a primeria partipación a título propio da Asociación EGEA Santiago nun proxecto educativo, o que permitirá achegar a Xeografía a un importante número de estudantes, ao mesmo tempo que fomenta o manexo das SIXs e o emprego dos termos xeográficos en galego.

Agardemos que de cara o futuro, o proxecto integre máis centros de ensino, permitindo que novos estudantes de Xeografía se incorporen ao equipo de traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s