Rubén Boga González: o novo “Predoc” do Departamento de Xeografía

O mozo padronés convértese na última incorporación ao “equipo de Doctorandos” do Departamento de Xeografía, que na actualidade conta con nove investigadores contratados.

Rúben, actual presidente de EGEA Santiago, acadou un contrato FPU (Formación de Profesorado Universitario) do Ministerio de Ciencia, cunha duración de catro anos. O seu proxecto de Tese leva por título “Denominacións de Orixe e desenvolvemento territorial: comparativa de casos galegos con experiencias internacionais“, baixo a dirección do profesor Valerià Paül Carril (Área de Ánalise Rexional).

Resumo: Desde as últimas décadas, as Denominacións de Orixe Protexidas e instrumentos similares promovéronse como instrumentos de desenvolvemento rural. Entre as súas xustificacións, atribúenselles a posibilidade de que os agricultores reteñan as rentas dun produto reputado, previr que sexan desprazados por producións en masa ou, en definitiva, acadar un modelo de agricultura máis sustentable. Con todo, o alcance destas figuras foi posto en entredito por diversos académicos e, de feito, moitas experiencias demostran que non necesariamente se cumpren con estes obxectivos. O obxectivo da miña tese por artigos é investigar as circustancias polas que, nuns casos, as Denomicacións de Orixe si representan modelos de agricultura sustentables, mentres que noutros practicamente funcionan como grandes estratexias de márketing comerciais baixo as mesmas lóxicas da agricultura convencional. Para explorar esta cuestión adopto un enfoque territorial no que, máis alá da cadea alimentaria, analizo circunstancias propias de cada contexto rural, como as condicións do medio agronómico ou os patrimonios e culturas culinarias.Asemade, non me esquezo dunha mirada aos aspectos institucionais e regulamentarios que, desde distintas escalas, inflúen sobre os espazos produtivos.

Os contratos PFU, ao igual que pasa coas predoutorais da Xunta, incorpora a posiblidade de 60 horas de docencia anual, aínda que só en aulas interactivas. Desexámoslle toda a sorte nesta nova andaina.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s