Proposta do Reitorado sobre o proceso de avaliación

Transmitimos o correo enviado dende o Reitorado a todos os colectivos da USC:

A toda a comunidade universitaria,

Tendo en conta as circunstancias excepcionais que estamos a vivir por mor da crise da COVID-19 e as decisións tomadas polas autoridades educativas e sanitarias autonómicas e estatais, o goberno que dirixo vén traballando nunha proposta que fixe os criterios, sistemas e datas do proceso de avaliación excepcional ao que as circunstancias nos obrigan e que se fixa sobre dúas ideas fundamentais:

·         A suspensión de todas as actividades docentes presenciais para o que resta de curso académico.

·         Os procesos de avaliación non empezarán nunca antes do mes de xuño e rematarán no mes de xullo.

En documento adxunto achégovos o borrador que foi enviado aos representantes dos diferentes colectivos que compoñen a comunidade universitaria. Sabemos que hai tantos puntos de vista coma persoas compoñen a Universidade. Por iso, de ter algunha achega sobre este particular que queirades trasladar podedes facelo, preferentemente, a través dos vosos representantes.

A flexibilidade á hora de adaptar os métodos e criterios de avaliación ás condicións excepcionais nas que se está desenvolvendo a última parte do curso, a preferencia polos mecanismos de avaliación non presencial e a garantía de que todo o estudantado poida participar nas probas programadas en condicións axeitadas son tres dos eixos que vertebran a proposta.

Agradézovos o esforzo que todas e todos estades a facer nesta circunstancia excepcional.

Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s