Dende EGEA Santiago queremos axudar a que o peche se faga algo máis levadeiro, por iso, propoñemos un pequeno concurso co que poderedes entretervos durante un ratiño e inclusive, botar unhas risas.
Concurso: A Eminencia do Confinamento
Aínda que eminencia non hai máis que unha, dende Egea Santiago retamos a todas as persoas que formen parte da xeografía compostelá (estudantes, investigadores, ex-alumnos, etc.) a que participen no noso concurso.
As regras son sinxelas, só hai que cubrir un cuestionario e envialo ao seguinte correo (danielcajadepascual@gmail.com), indicando en asunto “Concurso EGEA: Nome_apelidos” e adxuntando o cuestionario en formato PDF. A primeira persoa que envíe o cuestionario con todas as respostas correctas, será a gañadora. O cuestionario estará dispoñible no noso blog (https://egeasantiago.home.blog/) e no Facebook da asociación (https://www.facebook.com/egea.santiago.16?ref=bookmarks ) a partires das 16:00 h do xoves 9 de abril. O concurso darase por rematado tres días despois, e no caso de non ter un cuestionario con todas as respostas correctas, será declarada persoa gañadora á que teña máis acertos. Todas as resposta poderán ser obtidas a través da rede, polo que non é preciso que saltedes o confinamento para poder participar.
Haberá dúas categorías:
– Estudantes do Grao e Máster de Xeografía (serán válidos os estudantes doutros Másters que remataran o curso pasado o Grao en Xeografía e OT na USC). O gañador desta categoría recibirá, ademais dun diploma acreditativo, un agasallo xeográfico.
–Xeral: Poderá participar calquera xeógrafo/a (investigadores, doutorandos, ex-alumnos, profesores). O gañador recibirá un diploma acreditativo de tal fazaña.
Descarga aquí o cuestionario en formato .docx (Recorda convertilo a PDF unha vez cuberto)
Gañadores:
Categoría estudante: 1º Marta Gallo Febrero 2º Andrea Seoane Pintos 3º Rubén Boga González
Categoría Xeral: Míriam Vázquez García (única persoa en acertar as 18 preguntas)
Parabén as gañadoras e grazas a todos os que participastes !!