Esta semana decidimos renovar os cargos directivos da Asociación. O compañeiro Rubén Boga González pasa a ser o novo presidente, relevando a Daniel Cajade Pascual. Artai Martiño Piñeiro Alonso será o Tesoureiro, substituíndo a Alejandro Otero Varela, namentres que María Romar Gómez será a nova secretaria, ocupando o posto que deixa o novo presidente.
Desexámoslle boa sorte á nova directiva, agardando que a asociación sega a medrar día a día. Tamén é convinte agradecer o inmenso traballo realizado por Alejandro e Dani durante todos estes anos, aínda que seguro que non nos libraremos tan facilmente deles…