A USC acaba de resolver os XV Premios á calidade lingüística nos Traballos Fin de Grao (TFG) e Fin de Mestrado (TFM) que buscan fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Na categoría de Ciencias Sociais e Xurídicas, foron premiados dous TFGs, un deles o do compañeiro Rubén Boga González, baixo o título de “Monte Louro: Interpretación crítica dunha área protexida costeira de Galicia en chave paisaxística“, dirixido por Valeriá Paül Carril, profesor do Departamento de Xeografía da USC.
Noraboa !!!!!
Máis información: Nota de Prensa no Xornal da USC