Daniel Cajade Pascual gaña o premio “JESÚS GARCÍA FERNÁNDEZ” da AGE

O VI premio “Jesús García Fernández” para mozos investigadores recaeu no traballo “A xestión de áreas litorais: O caso do illote Areoso”, realizado polo compañeiro Daniel Cajade.

Asociación Española de Geografía (AGE) ven de anunciar os gañadores dos premios á investigación 2019 (mellor Tese de Doutoramento, mellor artigo Científico e mellor Investigador mozo). O premio “Jesús García Fernández” ten como obxectivo estimular a realización, por parte dos novos investigadores, de traballos nos diferentes campos de coñecemento vinculados á Xeografía, xa sexa desde unha perspectiva teórico-metodolóxica, aplicada ou a través do estudo de casos. O xurado indica na acta de proclamación do galardón que “Los criterios utilizados en su valoración han sido los que figuraban en la convocatoria y especialmente se han tenido en cuenta la originalidad y transversalidad de la investigación, los métodos aplicados y la relevancia de los resultados obtenidos“.

Este premio recoñece a calidade da investigación que se están levando a cabo sobre o Illote do Areoso (Ría de Arousa) por parte da área de Xeografía Física da nosa Universidade, e sobre o que o compañeiro Daniel está a realizar a súa Tese de Doutoramento. O seu traballo será publicado no Boletín Oficial da AGE nos vindeiros meses.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s